Ante a circular de contestación remitida pola empresa a todos os traballadores e traballadoras de Bosch, preferimos pensar que houbo un erro na tradución do alemán; ou simplemente que o senso do humor xermano é claramente diferente ao galego.
Nunha primeira parte divaga sobre a crise, unha crise que serve de escusa para xustificar o que faga falta. Di que a crise é unha oportunidade; pero señor Soltau, a crise para os traballadores e traballadoras que perden o seu emprego é unha ....
No noso comunicado acusabamos a Bosch de perder campañas rendibles porque “no colmaban las expectativas de beneficios de la empresa”. Neste senso a circular remitida por vostede di que o primeiro valor de Bosch é conseguir beneficios. Non temos máis que dicir, a súa sinceridade neste punto é de agradecer.
Noutro punto di que “Hemos crecido en España (sin Buenos Aires), un 24%”.
Saiba señor Soltau que Buenos Aires, está en Arxentina, un país que conseguiu a independencia de España o 9 de xullo de 1816. Arxentina non é España!!!.
Por outra parte, se Bosch medrou un 24% no Estado español, faríao en Madrid, porque en Vigo houbo despedimentos, suspensións de contratos e reducións de xornada xustificadas en base a unha suposta baixada do volume de chamadas. Ou Bosch mentía cando despediu alegando baixada do traballo ou minte agora cando di que medrou un 24% no último ano.
Neste mesmo senso, indicarlle que para vostede será unha boa noticia medrar fóra a costa de Bosch Vigo. Pero para nós, os traballadores e traballadoras de aquí é a peor das noticias,xa que significa que imos ao paro. Neste senso por favor, non nolo refregue polo nariz.
Queda máis claro que nunca que estamos en liquidación parcial ou temporal. Perdemos campañas porque Bosch quere, e o noso traballo está sendo desviado a Madrid, Buenos Aires e proximamente a... Barcelona.
Grazas polo seu escrito Sr Soltau, sabemos que cando Bosch Vigo peche vostede continuará traballando na empresa, por iso entendemos que non pense ir a FOLGA para defender os nosos postos de traballo. Pero non nos molesta, nós tampouco faríamos unha folga para defender o seu.
Nota: Estamos nunha empresa que quere xogar en primeira división, pero cobramos uns salarios de terceira división e temos unha equipa directiva de rexional preferente.
3 comentarios:
Muy bueno, el escrito de la empresa lo pedía a voces!
Me veo cogiendo las cosas para irme a Unisono y que sea lo que Dios quiera.
fai falla xa un comunicado contundente chamando á folga, clarificador e con datos. Moi pouca xente coñece os motivos desta folga e a empresa e as etts non paran de ameazar
Publicar un comentario