14 de set. de 2009

A liquidación parcial ou total de Bosch Vigo fai precisa unha FOLGA


Cando aínda estamos inmersos nas consecuencias do fin de obra de HD residencial, dado que Bosch e Unísono están actuando de xeito fraudulento para deixar fóra da recolocación ás persoas de ETT, ofertando xornadas semanais ínfimas co fin de que a xente renuncie a recolocarse en Unísono (xa que afectaría incluso ao futuro paro que cobrarían), hoxe temos o "fin de obra" en UP&CROSS.

Agora a empresa comunicou a persoal de UP&CROSS que remata esa campaña (o Comité de Empresa non ten comunicación, pero reclamada información á empresa alegou que se debe a unha baixada do volume de chamadas). Como saída, están ofertando o fin de obra ou a recolocación en Orange Televenda (campaña na que foron despedidas un bo número de persoas antes do verano).

Pero HD residencial e UP&CROSS non son casos illados, practicamente en todos os departamentos hai suspensións de contratos e reducións de xornada.

Se Bosch perdeu os contratos non foi por culpa dos traballadores e traballadoras que cobramos o mesmo que en Unísono. A perda dos contratos con Vodafone é atribuíble unicamente á Dirección de Bosch, xa que as novas condicións do contrato “no satisfacían las expectativas de beneficio por parte de la empresa”.

A situación é grave, pensamos que Bosch pretende liquidar total ou parcialmente a plataforma de Vigo. Estamos pendentes dunha reunión urxente coa Inspección de Traballo para que nos informe das xestións realizadas por ese Organismo público para garantir os nosos postos de traballo.

En todo caso xa anunciamos que ante a actuación de Bosch, pensamos que é precisa a convocatoria dunha FOLGA, decisión para a que contaremos con todos e todas vós.

Ningún comentario: