Desconvocatoria da FOLGA. Acadado acordo coa empresa
O Comité infórmavos de que a raíz da convocatoria de folga, a empresa convocounos a unha reunión que tivo lugar o pasado martes. Nesta reunión expuxémoslle á Dirección as nosas reivindicacións e finalmente despois de diversas negociacións ao longo destes días, hoxe 1 de outubro, asinamos un acordo coa empresa que recolle as nosas demandas.
Neste acordo, a empresa afirma que:
-É vontade da mesma que Vigo sexa a sede principal de Bosch a pesares da apertura de outros centros fóra da cidade.
-Se están facendo obras en Vigo-3, para ampliar 140 postos de traballo máis, ademais da adecuación dun novo edificio. Co obxectivo de ampliar o volume de negocio de Bosch en Vigo.
-Se vai entregar a este comité a documentación a respecto dos contratos con clientes que están en vigor, tanto os modificados como os novos.
-O día 4 de novembro teremos a primeira xuntanza da comisión negociadora de incentivos para todo o persoal, porcentaxe de traballadores/as de ETT’s e clasificación profesional.
Este comité entende que grazas ao apoio de todos e todas vós, acadamos os obxectivos polos que se convocaba esta folga. Sabemos que o camiño non vai ser doado, pero temos a seguridade de que estamos ante un punto de inflexión significativo no cambio de modelo das relacións laborais en Bosch-Vigo.

1 comentario:
En que quedou o tema?
Siguen a darnos polo cu e toca levantarse en armas e facerlle unha visitiña o tito Walter e por os puntos sobre os ies?
Publicar un comentario