27 de xuño de 2008

O xulgado anula a sanción de Ana Laura


O pasado mes de marzo mobilizámonos para protestar polos despedimentos e sancións inxustos impostos por Bosch a varias compañeiras, anunciamos tamén a interposición das correspondentes demandas xudiciais contra estas decisións represivas da empresa.

Nalgun caso anterior xa informamos da sentenza favorable nun caso de despedimento, agora o Xulgado do Social número 4 de Vigo declarou improcedente a sanción imposta a compañeira Ana Laura de CAC_REC por falta grave, condenando a empresa a deixar sen efecto en todos os extremos a sanción.

Bosch sancionou cunha falta grave a esta compañeira por unha suposta “clara muestra de indisciplina” polo feito de “contestar una y otra vez a su coordinadora”.

A sentenza di textualmente que “non pode sancionarse a ninguén por contestar ou refutar o dito por un superior”, noutra parte dos fundamentos de dereito di “O traballador pode contestar ao que di un superior, incluso mostrando a súa desconformidade, sempre que sexa nun ton respectuoso”.

Esta sentenza non ten recurso, polo que a inxusta sanción imposta a compañeira Ana Laura por falta grave quedou totalmente sen efecto.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Enhorabuena!, me parece que habeis sentado un buen precedente y que las cosas quedaron en su sitio. Lo que dice el juez es de sentido comun, lamentablememte les falta a ciertas personas en el departamento de CAC_REC.
Seguid así!