Dende finais do ano pasado vimos denunciando que Bosch cando fixa as quendas do persoal establece os días festivos como días de descanso semanal. Deste xeito o persoal non ten dereito a disfrutar dos 14 festivos anuais previstos por Lei para todos os traballadores e traballadoras.
Dende aquela cada vez que Bosch fixo coincidir os dias de descanso cos festivos (1 de xaneiro, 1 de maio ou 17 de maio) solicitamos formalmente da empresa que respectase o dereito do persoal. En ningún caso tivemos contestación.
Ante esta situación temos presentada denuncia na Inspección de Traballo, para que requira a empresa para que respecte os festivos. Coñecemos outros casos en empresas que traballan a quendas, nos que a Inspección requiriu ás empresas.
Tiñamos anunciado tamén un Conflito Colectivo, pero a falta de contestación por parte da empresa obrigounos a agardar este tempo, era preciso demostrar que o non disfrute dos festivos non era unha conduta non era casual, si non unha decisión empresarial.
Agora xa podemos anunciar a presentación do Conflito Colectivo, para que sexa a Audiencia Nacional quen determine o dereito do persoal aos 14 días festivos anuais.
Este conflito súmase ao xa presentado polos incumprimentos do Convenio no relativo a obrigatoriedade de ter ao 30% do persoal indefinido.
No mes de decembro, ante o éxito da Folga, Bosch adquiriu o compromiso de sentarse a negociar, pero Manuel Ferreira mentiu o 21 de decembro. A empresa optou dende aquela por perseguir a CIG e por incumprir o Convenio co fin de establecer unha negociación á baixa.

Pero quede claro que para a CIG o cumprimento da lei non é negociable, Bosch debe cumprir o Convenio sen concesións, o primeiro paso efectivo para conseguir novos dereitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario