14 de xul. de 2008

Comezan os despedimentos masivos

A semana pasada o responsable de RRHH de Bosch en Vigo comunicaba verbalmente que a empresa tiña previstos despedimentos masivos debido a unha suposta baixada do volume de chamadas. Nin xustificou a baixada da carga de traballo, nin comunicou o número de persoas que serían despedidas.
Dende o final da semana estamos a recibir chamadas de compañeiros e compañeiras despedidos, polo que o proceso está en marcha.
Daremos cumprida conta conforme vaiamos tendo mais información.

Ningún comentario: