21 de abr. de 2008

Iria ten dereito a reincorporarse no seu posto de traballo

A sentenza do xulgado do social número tres de Vigo recoñece o dereito da nosa delegada Iria a reincorporarse no seu posto de traballo.

Dende que foi despedida o 15 de xaneiro demandamos a súa readmisión, negandose en todo momento a Dirección da empresa a esta reivindicación. Agora foi un xulgado quen lle recoñeceu o seu dereito.

A sentenza pode ser recurrida, Bosch decidirá se quere manter aberto o conflito polo despedimento de Iria.


Queremos agradecer publicamente, no noso nome e no da compañeira Iria, todas as mostras de solidaridariedade recibidas ao longo do conflito.

Estamos a estudar a sentenza, mais adiante faremos unha valoración en profundidade. Pero polo de pronto é unha batalla gañada.

3 comentarios:

cigatento dixo...

PARABÉNS PARA TODA A SECCIÓN SINDICAL E EN ESPECIAL PARA IRIA!!!

Estamos orgullos@s da vosa actuación durante todo o conflicto.MERECEDELO!!

*Sección Sindical CIG-Atento*

Anónimo dixo...

Noraboa Iria o mereces e agora que te aturen!!!

Anónimo dixo...

Esa Iria, esa Iria eh!!
Cuando entres por la puerta de nuevo toda chea a ver que careto se les queda a los jefes!!