23 de abr. de 2008

Cando levamos unha redución de xornada ao xulgado, a ETT retirouna

Dende a CIG presentamos unha demanda xudicial contra unha redución de xornada por parte dunha ETT a unha compañeira de CAC_REC. No acto previo de conciliación celebrado o 18 de marzo no SMAC a ETT retirou a reducción de xornada a compañeira Ana Laura (quen por certo non é delegada da CIG).

Tal e como dixemos unha redución de xornada debe estar debidamente xustificada, non como se fai en Bosch. Insistimos os sindicatos debemos esixir o cumprimento da lei e ir ao xulgado como fixemos nos sobre esta cuestión resolvendo o problema da compañeira de xeito inmediato.

Na Inspección de Traballo esta cuestión leva dando voltas varios anos chegando a conclusións absurdas falando de despedimentos. Nos preferimos ir ao xulgado, as resolucións xudiciais son de obrigado cumprimento.

Por outra parte aínda que non queremos entrar nun culebrón estilo “Aquí hay tomate”, debemos dar contestación as acusacións que nos realizaron.

Unha delegada de CCOO con nome e apelidos ven defendendo nas reunións do Comité que prefire despedimentos en lugar de reducións de xornada.

Este feito nunca o fixemos público, xa que entendíamos que era unha opinión persoal, non é o noso estilo. Só cando CCOO sacou un comunicado público falando de despedimentos deixamos clara a nosa posición.

En fin, si agora están en contra dos despedimentos, benvidas sexan.

En definitiva quede claro que a CIG si interveu contra as reducións de xornada ao persoal de ETT. A nosa afiliada demandou xudicialmente, e a ETT retirou a redución inmediatamente. Outros foron a Inspección e levan anos dándolle voltas ao tema chegando alguén á absurda conclusión de que a solución é despedir.

Nos traballamos, non perdemos o tempo dándolle voltas as mesmas cousas durante anos e vendendo fume

Ningún comentario: