21 de abr. de 2008

CCOO pide despedimentos

Os sindicatos estamos para defender os postos de traballo, non para facilitar despedimentos. O último comunicado de CCOO anunciando que para acabar coas reduccións de xornadas ao persoal de ETT está negociando despedimentos é unha autentica irresponsabilidade. Podes ver o comunicado aquí.

En primeiro lugar calquera medida baseada na baixada do volume de traballo debe estar xustificada, tal e como establece o Convenio no seu artigo 17. Non pode ser froito dunha decisión caprichosa da ETT, nin de Bosch, nin de CCOO.

As actuais reduccións de xornada son en moitos casos fraudulentas: Bosch reduce xornada a unhas persoas e amplía xornada a outras, ademais continúa realizando novas contratacións; non hai, polo tanto, baixada de volume de traballo.

Resulta sorprendente que cando Bosch está deslocalizando cara Arxentina e sabendo todos os problemas que hai na Campaña de Orange, CCOO anuncie que prefire despedimentos a reducir xornadas.

O problema das ETT en Bosch non se atalla con iniciativas descabeladas en todo caso debemos esixir de Bosch que deixe de utilizar contratos de ETT e que contrate directamente.

A CIG vén requirindo que o 30% do persoal teña contrato fixo incluíndo para o cómputo ao persoal de ETT. Ese é o camiño: traballar a favor do emprego fixo, non facilitar despedimentos.

Por último aconsellamos ao persoal de ETT que non participe na charada organizada por CCOO dándolle unha lexitimidade, para negociar os seus despidos, que non ten.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que agarda CCOO de Bosch a cambio de facilitarlle poder despedir aos ETT´s molestos para a empresa?

Seguro que algo queren a cambio.

TELEOPERATOR dixo...

Esto era lo que nos faltaba ahora resulta que ya tienen tan asumido que son un sindicato amarillo que !!!NI SIQUIERA SE ESCONDEN¡¡¡¡que sera lo proximo que pidan despidos gratis para todos los trabajadores porquer los otros les salen muy caros a BOSCH y aun encima le llaman al comunicado la cara de la precariedad desgraciadamente sabemos de primera mano que la cara de la precariedad tiene siglas y desde luego no son las nuestras....

Anónimo dixo...

Hostia!! pero hay alguien de CCOO en BOSCH? es que en HD nunca los hemos visto en persona...
Pensamos que eran como las brujas, habelas hailas ...