24 de feb. de 2008

Requerimento de Bosch para retirar unha imaxe deste blog

A semana pasada recibiuse na CIG un escrito remitido polo Director Xeral do Grupo alemán Bosch para o Estado Español solicitando que fose retirada deste blog unha fotomontaxe que acompaña a noticia na que dabamos conta dos despedimentos e sancións. Anunciaba esta multinacional que en caso contrario presentaría unha querela criminal contra a nosa Central Sindical.

O noso obxectivo é facer fronte a uns despedimentos e sancións que consideramos inxustos, así como conseguir unha mais que necesaria mellora do clima laboral e das condicións de traballo no centro de chamadas do Grupo Bosch en Vigo. Non podemos permitir que nada nin ninguen poda desviar a atención do conflito laboral, o problema real e de fondo.

Así ante o requerimento do Grupo Bosch e para evitar ferir as delicadas sensibilidades de tan insigne Grupo optamos pola retirada da citada imaxe.