23 de feb. de 2008

Manifestación contra a carestía da vida, e por uns salarios dignos

Cada vez é máis difícil chegar a fin de mes, as constantes subas dos prezos, as escasas subas dos salarios e a precariedade laboral, fan que sexa imposible ter unha vida digna cos nosos salarios.

Ante esta situación o pasado día 21 de febreiro milleiros de delegados e delegadas da CIG manifestáronse en Compostela baixo o lema “Contra a carestía da vida, por uns salarios dignos”. Con esta mobilización a CIG quere demandar, das diferentes Administracións, medidas urxentes e unha regulación do mercado que eviten a constante suba dos prezos, ao tempo que quere situar na primeira liña da negociación colectiva a reivindicación salarial.

Nesta mobilización estivemos presentes os delegados de delegadas da CIG en Bosch, cunha pancarta para denunciar os despedimentos e sancións na nosa empresa, e dar a coñecer a todo o sindicato esta anómala situación.

Neste senso é preciso comentar que o pasado luns celebrouse o intento de conciliación no SMAC polo despedimento da nosa delegada Iria, sen que a empresa se presentase, polo que o seguinte paso é a presentación da demanda no Xulgado. Ademais, as nosas Asesorías Xurídicas preparan xa as seguintes demandas.

Na última xuntanza mantida coa empresa para procurar unha saída negociada, Bosch anunciou que non retirará os despedimentos nin as sancións actuais, así como que continuará despedindo e sancionando, xa que entenden que os ampara a lexislación.

Así entende Bosch as relacións laborais e a negociación, o conflito está servido.

1 comentario:

Anónimo dixo...

En este blog hai censura, Otero está cortado na foto!!!