24 de feb. de 2008

Reseña literaria

Hoxe queremos recomerdarvos a lectura dun libro escrito por Don Jose Luis Rodríguez Jimenez, do Departamento de Humanidades da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, titulado "Los esclavos españoles de Hitler" que está publicado pola prestixiosa Editorial Planeta.

Durante a guerra mundial millóns de persoas de toda Europa foron obrigadas a colaborar no esforzo bélico do rexime nazi traballando para as empresas alemanas en campos de traballo forzados ou en condicións de semiescravitude. Este libro narra a historia dun continxente de cidadáns do Estado Español que involuntariamente foron protagonistas daqueles sucesos.

No libro poderedes atopar unha relación das empresas alemanas beneficiarias daquela explotación que o propio autor califica de escravitude.

Unha lectura mais que recomendada para quen queira coñecer este oscuro episodio da historia.