13 de feb. de 2008

Bosch-Vigo: Represión sindical, despedimentos, sancións e rebaixa de dereitos

Nova imaxe.

Despois da folga do 21 de decembro Bosch adquiriu o compromiso de negociar un paquete de melloras extra-convenio. A día de hoxe e malia o tempo trasncorrido a empresa non se moveu na mesa de negociación, pero puxo en marcha unha serie de medidas represivas contra o persoal.

Represión sindical.

A compañeira Iria, delegada electa da CIG nas pasadas eleccións sindicais celebradas o día 20 de decembro, foi despedida o pasado día 15 de xaneiro. Despido que xa foi recorrido por entender que estamos ante un caso claro de represión sindical. O día 12 de Febreiro foi despedida a compañeira Paula que foi candidata da CIG nas eleccións de decembro..

Despedimentos en Orange.

Varias compañeiras con 2 e 3 anos de antigüidade na empresa foron despedidas por estar de baixa, son “improdutivas”. Dende a empresa anunciaron tamén a súa preocupación polo “gran número de baixas médicas datadas en venres”, cuestión que queren falar co Comité de Empresa. Temos coñecemento indirecto de cando menos un despedimento mais noutro departamento.

Sancións en Orange e CAC_REC.


Un traballador de Orange foi sancionado cun día de suspensión de emprego e soldo por chegar 1 minuto e 45 segundos tarde, (sempre segundo a empresa). O certo é que todo o persoal ten a sospeita de que o reloxo sufre certos adiantos e atrasos intencionados por parte de Bosch.

Este é sen dúbida un debate interesante,. ten que estar a xente media hora antes no centro de traballo para atopar un sitio no que sentarse? A xornada laboral comeza despois de abrir as ferramentas informáticas?. Pensamos que a xornada comeza dende que entramos na empresa e estamos dispostos a defender esa posición onde faga falta.

Unha traballadora de CAC_REC foi sancionada despois de amosar a súa desconformidade cun coaching realizado por Isabel Guitian (esa é a versión da empresa). A sanción foi 2 días de suspensión de emprego e soldo.

En caso de sanción recomendamos que vos poñades en contacto inmediatamente co sindicato que prefirades para que sexa recorrida xudicialmente.

Recorte de dereitos.

Que vos imos contar que non saibades, a Asesoría Xurídica de Bosch-Madrid está a disposición de Bosch Vigo para tratar de recortar os poucos dereitos que temos mediante subterfuxios legais.

Ante todo o exposto non imos quedar cos brazos cruzados, si RRHH non cesa a escalada represiva e non cumpre o compromiso de negociar melloras extra-convenio, o conflito laboral está servido.

1 comentario:

bosche dixo...

Adiante coa CIG en Bosch.