2 de xuño de 2017

Tiñamos razón en cada un dos ARGUMENTOS sobre o preacordo, como demostra o convenio definitivo

O 30 de maio as cúpulas directivas de CCOO e UGT asinaron coa patronal ACE o convenio colectivo. É significativo que quen asinou en nome dos teleoperadores e teleoperadoras sexa un traballador de Caja Madrid/Bankia, que nada ten que ver cos centros de chamadas. Todo un símbolo.

Os traballadores e traballadoras do sector non somos nenos nin nenas, nin estamos incapacitados/as. Temos dereito a decidir libremente se queremos este convenio ou non. Desde a CIG rexeitamos un modelo sindical antidemocrático e demandamos de novo a celebración dun referendo.

O preacordo era ambiguo e por iso o pasado 23 de maio fixemos unha serie de propostas coa interpretación máis favorable para o persoal, pero CCOO e UGT decliraron apoialas nas reunións mantidas.

Se en relación ao preacordo, ninguén refutou os nosos argumentos, hoxe o texto definitivo dános a razón:
  • En Galiza a maior parte dos contratos anteriores ao ano 2010 xa son indefinidos, e o nivel de indefinidos acada unha media do 65%. O convenio practicamente non nos afecta. Manteñen ademais o Contrato por Obra coma o “normalizado”, e para o cálculo do número de indefinidos non contan os contratos de ETT, polo que a temporalidade pode superar incluso o abusivo 50%.
  • Tal e como dixemos, a suba salarial para os anos 2015 e 2016 é “cero-cero”. Perdendo polo tanto o 1,6% dos nosos salarios (artigo 43 do convenio).
  • As futuras revisións salariais serán sobre o IPC vencido; isto quere dicir que os salarios non se actualizarán en base a suba dos prezos do mesmo ano (artigo 43).
  • Amplía a flexibilidade en materia de horarios a cambio de nada.
  • A bolsa de emprego prevista para o fin de campaña só afecta a nova empresa, polo que se está situada noutra provincia, a maior parte do persoal non poderá manter o emprego. Nós pediamos que se crease unha bolsa de emprego tamén na empresa que perde a campaña.
  • Non haberá compensación con tempo de descanso para os días 24 e 31 a partir das 20:00 horas (artigo 47).
     Non se terán en conta os incentivos no pago do complemento de incapacidade temporal (artigo 63).
Agora o texto definitivo debe pasar o filtro da Dirección Xeral de Traballo, pensamos que o convenio recolle aspectos de dubidosa legalidade polo que haberá que agardar a decisión do Ministerio.


Ningún comentario: