26 de xuño de 2017

Tremenda chapuza: O Ministerio invalida o Convenio asinado por CCOO, UGT e a Patronal

A Mesa Negociadora do Convenio Colectivo terá que volver a reunirse despois de que o Ministerio de Emprego e Seguridade Social non admitise o texto acordado por irregularidades.

O Ministerio comunicou numerosos puntos que deben ser corrixidos, algunhas son cuestións de calado:
  • Artigo 4: ACE, CCOO e UGT acordaron no Convenio unha centralización da negociación que vai máis ala da permitida por lei, (nos reclamamos que se negocie a nivel galego), o Ministerio considera que vulneran o establecido no artigo 84.2 do Estatuto, impedindo que se poda negociar a nivel de empresa.
  • Artigo 14: despois de toda a polémica o Ministerio considera que non poden existir contratos por Obra anteriores ao 18/06/2010, xa que serían fraudulentos. CCOO e UGT venderon fume.
  • Artigo 17, indemnizacións: considera que os contratos por Obra anteriores ao 12/02/2012 son fraudulentos. Ademais a norma que regula as indemnizacións da que falan no artigo está mal.
  • Artigo 60, suspensións do contrato de traballo: o Ministerio obriga a modificar varios apartados para que se inclúa a garda con fins de adopción, suposto que contempla o E.T., pero non o Convenio que asinaron CCOO e UGT.
O Ministerio tamén obriga a cambios de linguaxe; por diferenzas entre o texto remitido e o que asinaron; ou por referenzas erróneas á lexislación.

Estamos pois ante unha chapuza sindical, pero tamén ante un Convenio nefasto, CCOO e UGT cederon en materias coma salarios ou xornada, a cambio de nada.



Ningún comentario: