10 de maio de 2017

Asembleas co persoal de Vodafone Comercial

Dende a nosa Sección Sindical, queremos agradecervos a todas e todos a vosa participación nas reunións de hoxe.

Aproveitamos para explicar, novamente, os cálculos das indemnizacións, en función da situación na que se poida atopar o traballador/a.
  • Indemnización por despido por causas obxectivas (Art.53 E.T.): 20 días de salario por ano traballado ata un máximo de 12 mensualidades (360 días) *Pedimos desculpas xa que inicialmente informáramos de un máximo de 9 mensualidades.
  • Extinción do contrato por modificación substancial das condicións de traballo (Art.41 E.T.): a indemnización é de 20 días de salario por ano traballado ata un máximo de 9 mensualidades (270 días).
  • Fin de obra: (Disposición transitoria octava do E.T.)
     8 días de salario por ano traballado para os contratos anteriores ao 31/12/2011
     9 días de salario por ano traballado para os contratos realizados no 2012
     10 días de salario por ano traballado para os contratos realizados no 2013
     11 días de salario por ano traballado para os contratos realizados no 2014
     12 días de salario por ano traballado para os contratos realizados a partir do 01/01/2015
  • Indenmización por despido improcedente: 33 días por año de servicio, hasta un máximo de 24 mensualidades.  Nos contratos anteriores ao 12/02/2012, deberá ser calculada conforme a un doble cómputo:
      * ata o 11/02/2012 a razón de 45 días de salario por ano traballado, con un tope de 42 mensualidades
      * a partir do 12/02/2012 ata a data do despido, a razón de 33 días de salario por ano traballado con un tope de 24 mensualidades

Recordarvos que estamos á vosa disposición para calquera dúbida, consulta ou reclamación que queirades facernos


5 de maio de 2017

Convocatoria asemblea persoal Vodafone Comercial

Pola presente, dende a Sección Sindical da CIG en Bosch, convocamos ao persoal do servizo de Vodafone Comercial a participar unha asemblea de persoal para tratar a situación actual do servizo.

Onde? No local da CIG en Vigo, na rúa Gregorio Espino 47 baixo

Cando? O martes 9 de maio de 2017, en dúas convocatorias:


Pola mañá ás 11:00 horas

Polo serán ás 18:00 horas



3 de maio de 2017

1.500 persoas participaron no Referendo: Galiza dixo NON ao preacordo de convenio de Contact Center

O día 2 trunfou a democracia sindical fronte a un modelo déspota que exclúe aos traballadores e traballadoras da toma de decisións sobre a sinatura de acordos que lle afectan.

As maiores ditaduras da historia prohibiron os sindicatos e a súa actividade; por iso, democracia e movemento sindical deberían ir sempre da man.

Os sindicatos deberiamos coincidir en desterrar un modelo paternalista, na que unhas poucas persoas “elixidas” deciden por todos e todas. A democracia representativa burguesa non pode ser un modelo para a clase traballadora.

Queremos agradecer ás 1.504 persoas que votaron no referendo xa que, independentemente do sentido do seu voto, votaron pola democracia sindical.

Os resultados a nivel nacional foron os seguintes:


Este resultado das urnas é contundente e claro: o persoal en Galiza rexeita os termos do Preacordo de Convenio asinado polas cúpulas directivas de CCOO a UGT e as empresas. Darémoslles traslado, xa que entendemos que debería ser un motivo de reflexión.

Por último, dicir que se alguén quere quitarlle lexitimidade a este resultado das urnas, simplemente dicirlle que se atreva a poñelas para que vote todo o persoal afectado por un mal Preacordo.



2 de maio de 2017

Resultado Referendo preacordo Convenio do 2 de maio

Hoxe, 2 de maio, celebramos, en toda Galiza, o referendo sobre o preacordo do Convenio dos Centros de Chamadas que queren asinar CCOO, UGT e a patronal.




Unha vez feitos os recontos, con total transparencia, informamos dos resultados das votacións:

Bosch:
  • Total votos: 547
  • Non: 530
  • Sí: 17
  • Porcentaxe participación: 22%
En todo o sector na Galiza:
  • Total votos: 1504
  • Non: 1433
  • Si: 62
  • En branco: 6
  • Nulo: 3

Grazas a todas e a todos por participar!!




Referendo 2 de maio

O persoal dos Centros de Chamadas estamos convocados a participar no referendo organizado pola CIG para amosar a nosa opinión sobre o preacordo que pretenden asinar coa patronal CCOO e UGT.

Que teño que facer para participar no referendo como traballador/a de Bosch Service Solutions Vigo?

  • Podes votar sexas de empresa ou de ETT, ambos cadros de persoal vémonos afectados por este preacordo. Só tes que amosar a túa tarxeta para acreditar que traballas en Bosch.
  • Poderás votar fóra do teu horario de servizo: antes de comezar a xornada, ao rematar a xornada, nunha PVD, durante o descanso longo... non te levará máis de un minuto.
  • So tes coller unha papeleta e marcar se estas ou non conforme co preacordo.
Onde podo votar?
  • Vg1: na porta do centro dende as 11:30 ata as 18:30
  • Vg3.1: na porta do centro dende as 13:30 ata as 16:30
  • Vg3.2: na porta do centro dende as 14:30 ata as 18:00
  • Vg4: na porta do centro dende as 12:30 ata as 15:30