03/05/2017

1.500 persoas participaron no Referendo: Galiza dixo NON ao preacordo de convenio de Contact Center

O día 2 trunfou a democracia sindical fronte a un modelo déspota que exclúe aos traballadores e traballadoras da toma de decisións sobre a sinatura de acordos que lle afectan.

As maiores ditaduras da historia prohibiron os sindicatos e a súa actividade; por iso, democracia e movemento sindical deberían ir sempre da man.

Os sindicatos deberiamos coincidir en desterrar un modelo paternalista, na que unhas poucas persoas “elixidas” deciden por todos e todas. A democracia representativa burguesa non pode ser un modelo para a clase traballadora.

Queremos agradecer ás 1.504 persoas que votaron no referendo xa que, independentemente do sentido do seu voto, votaron pola democracia sindical.

Os resultados a nivel nacional foron os seguintes:


Este resultado das urnas é contundente e claro: o persoal en Galiza rexeita os termos do Preacordo de Convenio asinado polas cúpulas directivas de CCOO a UGT e as empresas. Darémoslles traslado, xa que entendemos que debería ser un motivo de reflexión.

Por último, dicir que se alguén quere quitarlle lexitimidade a este resultado das urnas, simplemente dicirlle que se atreva a poñelas para que vote todo o persoal afectado por un mal Preacordo.



Ningún comentario: