2 de abr. de 2017

ACE, CCOO e UGT ocultan o preacordo, porque será?

Na reunión de hoxe, 31 de marzo viviuse no convenio unha situación inédita e totalmente antisindical e antidemocrática. Aproveitando un “receso”, a patronal, CCOO e UGT asinaron un preacordo negándose a facilitar copia ao resto dos sindicatos.

Xa non é que os cadros de persoal non podan dar a súa opinión e non teñan a última palabra, tal e como demandabamos dende a CIG, senón que ademais esconden, por vergoña, o preacordo.

Máis cedo que tarde todos e todas coñeceremos e sufriremos as consecuencias dunha traizón anunciada.

Loxicamente, os comunicados que podan emitir os sindicatos asinantes falando sobre as bondades do preacordo non terán ningún creto. Serán unha serie de mentiras encadeadas coas que tratarán de agochar a verdade. Se o convenio fose bo, nós non teriamos dúbida en asinalo. Se o esconden, eles mesmo se delatan.

No momento en que coñezamos o texto definitivo faremos a pertinente valoración que será a única veraz. CCOO e UGT poderán agocharse debaixo das pedras, pero agardamos que os traballadores e traballadoras lles fagan pagar esta actuación.


Ningún comentario: