28 de mar. de 2017

Na vindeira reunión podería consumarse a traizón. CCOO e UGT aceptan a perda de poder adquisitivo que propón a patronal dende hai meses

Na reunión do 23 de marzo CCOO e UGT aceptaron os recortes salariais que as empresas levan propoñendo dende hai meses: fixeron unha proposta pola que dan por perdida a suba salarial dos anos 2015 e 2016, e para os anos posteriores a actualización será a ano vencido.
Así, se os salarios soben un ano polo seu “acordo” un 1% e o IPC un 3%, non se actualizarían os salarios con efectos do 1 de xaneiro, perdendo deste xeito os atrasos do 2%. A modo de exemplo, en 2016 o IPC subiu un 1.6%, pero non se actualizarían os salarios. Este ano o IPC está no 3%, pero subirían os salarios só o 1.6% do ano anterior.
Perda salarial a 1/1/2017 coa proposta de CCOO e UGT:
Nivel
Salario actual
Perda en euros
8
15.194
243,1
9
14.662
234,6
10
13.864
221,8
11
13.257
212,1
A perda pode ser maior para os sucesivos anos. Os traballadores e as traballadoras non temos culpa do retraso na negociación do convenio, pero pagarémolo. Dende a CIG advertimos que deixar pasar o tempo, como fixo a patronal, era un perigo, xa que pretenderían dar por perdida a suba salarial deses anos. Finalmente o tempo deunos a razón. Foi por iso que non estivemos de brazos cruzados e a finais de 2015 decidimos comezar un proceso de mobilizacións.
Unha vez máis queremos poñer sobre a mesa que ademais vulnérase un principio básico do movemento sindical: a DEMOCRACIA.

Facemos un chamamento público a CCOO e UGT para que, se chegan a un preacordo, se convoque un referendo para que sexan os cadros de persoal quen decidan co seu voto se queremos perder máis salario ou non. Xa está ben de que uns poucos liberados de CCOO e UGT en Madrid decidan por todos e todas nós.

Ningún comentario: