2 de feb. de 2017

A Patronal quere un Convenio que paguemos as traballadoras e traballadores

Unha vez máis, despois da xornada de folga no sector, que tivo un amplo seguimento en Galiza, a patronal deu un paso atrás na súas pretensións de recortar condicións e mellorou a súa proposta de suba salarial, malia que sigue sendo insuficiente. Demostrouse que loitando podemos conseguir un Convenio mellor.

A folga do 26 de xaneiro foi un éxito, tanto de participación, coma por conseguir que a patronal se vexa obrigada a mover ficha. Así, na reunión do 2 de febreiro, fixeron a seguinte proposta:

  • Subas salariais 2015 e 2016: 2015 non actualizarían salarios; para 2016 proporán unha pequena suba. Na práctica sería aceptar a conxelación salarial deses dous anos.
  • Subas 2017 e 2018: Serían sen cláusula de revisión, polo que se os prezos soben máis alá da súa proposta perderíamos poder adquisitivo. Para o 2017 propoñen unha suba do 1,6%, (só en xaneiro xa subiron os prezos un 3%); e para o 2018 propoñen subir conforme ao IPC do 2017, desprezando o que suban os prezos no 2018.

Dende a CIG pensamos que os salarios teñen que subir de xeito sensible e que, ademais, non nos vale manter as condicións de traballo actuais: temporalidade, facilidades para despedir sen motivo, problemas para conciliar, ritmos de traballo crecentes, sistemas de organización do traballo que supoñen un auténtico acoso, etc.

Queremos un Convenio e que, por unha vez, o paguen as empresas.


Ningún comentario: