13 de feb. de 2017

Folga de 24 horas o 20 de febreiro

26 meses sen convenio e o salario conxelado dende 2014, mentres os prezos soben de xeito cada vez máis acusado. A patronal, cómoda coa situación a nivel estatal, bloquea a negociación.

Dende a CIG cremos que é o momento de lanzar novas convocatorias unitarias, é dicir, por parte de todos os sindicatos con presenza na mesa negociadora do Convenio. Pero non é posible.

Ante esta situación, na CIG como sindicato maioritario a nivel galego, enfrontámonos a unha disxuntiva: non facer nada e permitir que sigamos anos e anos sen convenio, coma sucede noutros sectores próximos coma nas TIC, ou mobilizarnos e manter viva a negociación e o convenio. Non hai punto intermedio.

Por iso comunicamos ao resto de sindicatos a nosa vontade para tratar de unificar posicións cara a convocatorias conxuntas. Non tivemos resposta.

Unha vez máis, coma sindicato maioritario a nivel galego, asumimos unha responsabilidade que non só é nosa: convocar folga para que non nos quedemos sen convenio.

Facemos un chamamento a todas as teleoperadoras e teleoperadores do país, para que o 20 de febreiro paremos as empresas e lles enviemos unha mensaxe clara a todas as partes: Queremos un Convenio Xusto e non cesaremos na loita para conseguilo.


O 20 de febreiro
temos que PARAR o sector




Ningún comentario: