27 de maio de 2016

A patronal fai unha proposta avarenta


Seguimos no Conflito

Na reunión do 25 de maio as empresas pediron unha nova folga a berros, non se entenden senón as propostas avarentas que puxeron por riba da mesa. Saben que se enfrontan a un conflito crecente e que o persoal está FARTO de aturalos día a día nas empresas, a cambio dunhas condicións de miseria, pero pódelles a cobiza.
Así chegamos á reunión do 25 de maio, onde a patronal, avarenta coma sempre, fixo as seguintes propostas:
Duración Convenio: 5 anos. Queren amarrar a precariedade e evitar conflitividade sectorial.
Salarios: 2015 suba “cero”; 2016 un 0,3%; 2017 e 2018 un 0,40%.
Complemento IT: inicialmente pagar o 60% e dos días 15 ao 21 o 85%.
Subcontratación: queren introducir a posibilidade de subcontratar servizos a terceiros. É dicir legalizar a cesión ilegal de traballadores/as.
Cambio de empresa que leva unha campaña: queren que propoñamos un novo redactado para as bolsas de emprego, nós demandamos a subrogación plena.
Distribución irregular da xornada: queren un novo redactado que “aclare” que se poden traballar 9 días seguidos sen descanso.
Cambio quendas: queren poder cambiar ata o 40% do persoal cun aviso previo de 14 días.
Horas médicas: máximo de 35 horas proporcionais á xornada.
Formación: creación Comisión Profesional (para amarrar as subvencións públicas nos plans de formación deficientes).
Horarios: ampliar as bandas horarias, a de mañá das 07:00 ás 17:00; a de tarde das 14:00 ás 24:00. Crear unha nova quenda con xornada completa de 9:00 a 18:00 e de 12:00 a 21:00.
Transformar en indefinido ao persoal con contrato anterior a xuño do 2010 (din que a transformación sería dentro dos 5 anos de duración do Convenio).

Ante esta actuación da patronal non queda outra que seguir en conflito. Neste senso, dende a CIG dirixirémonos ao resto de sindicatos para tratar de concretar unha nova xornada de folga.

Ningún comentario: