22 de maio de 2016

MULLERES RUMBO A GAZA



 
Con motivo da conmemoración, o 24 de Maio, do Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Antimilitarismo, a  BDS-Galiza e a Marcha Mundial das Mulleres (da que a CIG forma parte),  convocan unha serie de actos para reivindicar o fin dos conflitos e o dereito das mulleres e do pobo Palestino a recuperar a súa terra.

Accións:

En Vigo, ás 20 horas, está convocada unha acción na rúa peonil do Calvario.
 
En Compostela, ás 20 horas, está convocada unha concentración e unha acción de rúa na Praza do Toural.
En Ferrol, ás 19:00h, está previsto unha charla presentación da campaña no Ateneo Ferrolán.
En Ourense, ás 20 horas, está convocada unha concentración e unha acción de rúa, na Praza do Ferro.
 
Facemos un chamamento a participar nos actos convocados pola Marcha Mundial das Mulleres e a BDS-Galiza apoiando e dando a coñecer a acción da Flotilla da Liberdade “ MULLERES RUMBO A GAZA” na que mulleres de todas as partes do mundo faranse á mar para resaltar o importante papel desempeñado polas mulleres palestinas na loita do seu pobo e as súas resistencias non só ao estado de Israel senón tamén á discriminación e o patriarcado.
 
Máis información:
 

Ningún comentario: