29 de mar. de 2016

Chegou o momento

Tras 440 días de negociación, comeza agora o tramo final para acadar un novo convenio que regule o noso sector, e debemos premer á patronal para non perder os nosos dereitos e acadar melloras nas nosas condicións laborais.

A patronal foi elevando o conflito segundo nos ía facendo perde-lo tempo. Confeccionamos unha plataforma, baseada directamente nas propostas do persoal de tódolos centros de chamadas do país, á que a patronal fixo oídos xordos

Isto levounos primeiro a concentrarnos diante das diferentes empresas do país. Ante a pasividade da patronal continuamos co conflito convocando paros, que foron secundados masivamente polos traballadores e traballadoras do sector na Galiza.

Se non queremos que o novo convenio sexa confeccionado polas faragullas que nos dea a patronal debemos dar un paso máis. Por iso dende a CIG temos convocada unha xornada folga para o martes 5 de abril, coincidindo coa vindeira xuntanza do convenio.

Participa nas asembleas de traballadores e traballadoras onde falaremos todos os motivos que nos levan a convocar esta folga no sector:

Cando?: O xoves 31 de marzo, ás 11:00 na quenda de mañá e ás 19:00 horas na quenda de tarde.

Onde?: No Local da CIG en Vigo, Gregorio Espino 47 entrechan. 


¡O único xeito de defender os nosos dereitos é paralizando o sector!

Ningún comentario: