17 de dec. de 2015

Se non defendemos o pouco que temos, quedaremos sen nada

O 17 de decembro houbo nova reunión da mesa negociadora e ao tempo a CIG saíu a rúa para protestar contra a prepotencia patronal, con mobilizacións nas dúas maiores empresas de Vigo, Unísono e Bosch.

A patronal segue cómoda e propoñendo empeorar as condicións laborais, coma se foramos unhas privile-xiadas. Os nosos ingresos medios están por baixo do que se cualifica coma “traballadores/as pobres”. Deberiamos poder vivir con dignidade do noso salario, pero o Convenio Estatal é unha estafa da patronal:
Horas médicas: Pretenden que as horas médicas sexan proporcionais á xornada de traballo e, para recortar aínda máis, deben pensar que o persoal que ten menos horas, enferma menos (quizás o subconsciente failles recoñecer que traballar no sector é malo para a saúde).

Festivos: Nós propoñemos voluntariedade (para que os faga quen máis precise os ingresos) e que se paguen máis, e a Patronal di que non. Cústalle, incluso, elevar ao convenio o acordo que existe en moitas das empresas de sector para compensalos. Quedamos en elaborar unha proposta.

Xornada irregular: Posicionámonos rotun-damente en contra. Despois da última proposta patronal en materia de xornada, de que esteamos a súa disposición 84 horas semanais para logo traballar e cobrar por 20 ou 30, o lóxico era pedir a retirada desa proposta escravista, pero non. Houbo sindicatos que lle entraron ao xogo, con propostas sobre xornada irregular que empeoran a actual.
 
Cambio de quenda e cargas familiares:
O proceso participativo que abrimos ao inicio da negociación sinalou a preocupación pola conciliación. Por iso defendemos, coma se acordou en moitas empresas, que as persoas con cargas familiares teñan prioridade para escoller quenda. A patronal pide, a estas alturas, que definamos que é ter cargas familiares?! Non é de estrañar, a Patronal é machista, a pesar de estarmos nun sector feminizado e quen habitualmente ten este tipo de problemas somos precisamente as mulleres.

As vindeiras reunións serán o 22 de xaneiro e o 4 de febreiro. A CIG non agardará tanto, o vindeiro 12 de xaneiro mobilizarémonos de novo, esta vez polas rúas de Ourense.

Ningún comentario: