20 de nov. de 2015

Só coa mobilización moveremos á patronal

Na reunión de negociación do Convenio do 19 de novembro, a patronal continuou coa súa teima de anular os dereitos dos traballadores e das traballadoras do sector dos Centros de Chamadas. Malia as súas pretensións, non houbo ningún tipo de resposta a nivel estatal; só a CIG comezou en Galiza un proceso de mobilizacións para demandar un Convenio Xusto.

Nesta ocasión ata se atreven a ameazar con que non é posible unha mísera suba salarial se non conseguen un convenio máis flexible.

Esta flexibilidade pasaría por: aumentar a contratación en precario, continuar con con-tratos a tempo parcial e con distribución irregular da xor-nada, despedir de forma colectiva por riba do estipulado no Estatuto dos traballadores, non asumir a todo o persoal dunha campaña que cambie de empresa de contact center, eliminar o límite de xornada semanal, reducir a metade as pausas PVD, eliminar o complemento dos 3 primeiros días de baixa por IT, e toda a lista de despropósitos exposta pola patronal na mesa de negociación.

Todo isto a cambio dunha miserenta suba salarial, non superior ao 1%, xa que aínda por riba se atreven a dicir que o noso salario aumentou tendo en conta que o IPC destes últimos anos foi negativo.

Dende a CIG cremos que xa abonda de que se rían de nós. A actitude déspota da patronal só nos impulsa a seguir loitando por un convenio digno, polo que continuaremos concentrándonos diante das empresas do país.

Ningún comentario: