Ante
os paros e folga convocados o pasado xoves recibimos a chamada de Bosch para comezar un proceso de negociación, no que defendemos a
reincorporación dos compañeiros/as despedidos. Non é a primeira
vez que logramos que Bosch readmita tras un despido inxusto.
Finalmente
conseguimos a reincorporación,
con carácter inmediato e nas mesmas condicións laborais,
da maioria das persoas
despedidas.
Ademais se
acordaron medidas para evitar
que se repita unha situación
similar no futuro,
fomentando a transparencia nas formas de proceder da empresa, así
coma facilitar toda a axuda posible para que o persoal poida mellorar
os seus resultados.
Puidemos
contactar coas persoas que non foron readmitidas e xa lle
transmitimos que teñen todo o noso apoio si deciden emprender
accións legais contra o despido.
Ademais
se pechou
unha nova data de
reunión para continuar traballando
na mellora nas condicións laborais.
Por
todo o exposto, entendemos que estamos fronte a un novo escenario,
polo que temos optamos por desconvocar
os paros do 11
de
novembro así como as xornadas de folga do 13 e 17 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario