5 de nov. de 2015

NIN UN DESPEDIMENTO MÁIS Paros o 11 de novembro e Folga os días 13 e 17

Cando comezou o novo proceso de certificación de Vodafone en HD, xa temiamos que se abría unha nova porta, pero de saída para o persoal. Pese a que a empresa indicou, ante as nosas reclamacións, que non se utilizaría este proceso como motivo de despido, esta semana nos atopamos con que a realidade é outra moi distinta.

A dirección da empresa e os responsables do Departamento de Vodafone HD, lonxe de asumir os seus propios erros organizativos e de mala xestión ante o cliente Vodafone, decidiron despedir ao persoal que se limitou a facer o seu traballo, alegando “baixada voluntaria do rendemento”, cando a realidade é queren dicir que están “descertificados/as” porque eles/elas así o quixeron.

O persoal xa dera traslado previamente aos seus responsables, das deficiencias que detectaran dentro do proceso de certificación de Vodafone, non todo o mundo xoga coas mesmas regras. Tamén dende a CIG trasladamos, en reiteradas ocasións, o problema á empresa, esixindo unha solución.

Agora a empresa despide sen sequera estudar outras alternativas. Por iso convocamos paros e folga para todo o persoal de Bosch, incluído o persoal que presta os seus servizos a través de calquera das ETT’s. Ademais do persoal de Vodafone HD, quen queira pode exercer o seu dereito e ser solidario/a co persoal afectado, porque mañá pode tocarte a ti.

Pola readmisión dos nosos compañeiros/as, polo fin dos despedimentos, participa:

Paros o mércores 11 de novembro de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas

Xornadas completas de Folga os días
13 e 17 de novembro

Ningún comentario: