10/11/2015

Delegadas/os da CIG no telemárketing mobilízanse en demanda dun convenio colectivo que remate coa elevada precariedade do sector

Delegadas e delegados da CIG nas empresas de telemárketing iniciaron mobilizacións este martes en demanda dun convenio colectivo digno e con dereitos, fronte ás pretensións da patronal de flexibilizar e precarizar aínda máis o emprego. A primeira concentración tivo lugar diante das oficinas de Extel na Coruña, pero a intención é levar as protestas a todas as empresas de telemárketing do país. 

Ningún comentario: