10 de set. de 2015

Retomamos a negociación


O pasado martes 9 de setembro volveuse a reunión a mesa de negociación do noso Convenio de Contact Center, tras un parón “vacacional”.

Nesta reunión trazouse o plan de ruta a seguir de cara á negociación, unha vez xa analizado o redactado do convenio actual así como todas as plataformas. Na vindeira reunión do 1 de outubro trataranse dúas das cuestións con maior conflitividade no Convenio: contratación e tempo de traballo.

Dende a CIG continuaremos defendendo as propostas da nosa plataforma, non estamos dispostos a permitir que a patronal continúe na súa teima de explotar ao persoal para favorecer aos seus clientes e seguir aumentando os seus beneficios a costa dos nosos dereitos.

Ningún comentario: