16 de set. de 2015

O Pleno da Coruña aproba a moción de apoio á ILP promovida pola CIG en demanda dunha Tarifa Eléctrica Galega

O Pleno da Corporación da Coruña celebrado na tarde deste luns aprobaba cos votos a favor da Marea Atlántica e o BNG a moción de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética, que a central nacionalista está a impulsar. Pola súa banda tanto o PSOE e como o PP se abstiveron. 
 
10.000 sinaturas para levar a ILP ao Parlamento

A CIG busca abrir un debate social arredor desta cuestión, mais tamén levar este debate ao Parlamento Galego, onde reside a soberanía popular. Para que isto sexa posíbel, até o 30 de outubro, a central sindical está a desenvolver unha campaña para recoller as, cando menos, 10.000 sinaturas necesarias para que a ILP chegue ao Parlamento. Alén, neste tempo están previstas entrevistas cos diferentes sectores produtivos do país e actos públicos por todo o país para dar a coñecer o contido da iniciativa.

A demanda dunha tarifa propia xa formaba parte das 100 medidas contempladas na ILP para a creación de emprego en Galiza, tamén promovida pola CIG, e que foi rexeitada polo PP no seu trámite parlamentario. Unha medida que se retomou e se converteu nunha ILP por si propia a raíz do problema xurdido nas grandes empresas consumidoras de enerxía, logo das modificacións introducidas na adxudicación da denominada interrumpibilidade.

http://www.galizacig.gal/avantar/novas/15-9-2015/o-pleno-da-coruna-aproba-a-mocion-de-apoio-a-ilp-promovida-pola-cig-en-demanda-dunha
 
 

Ningún comentario: