30 de set. de 2015

Nova xornada de folga e mobilización contra a explotación laboral en Extel


Traballadores e traballadoras da plataforma de Extel na Coruña están a
secundar este mércores unha nova xornada de folga (convocada pola Sección Sindical da CIG) en contra das precarias condicións laborais que teñen que padecer. Para visibilizar a súa loita, o persoal realizou unha concentración diante dunha das oficinas de Adecco (grupo de empresas ao que pertence Extel).

Ningún comentario: