2 de xul. de 2015

A CIG rexeita na rúa a Lei Mordaza, que o Goberno poderá usar de xeito discrecional e arbitrario para reprimir a protesta social

A CIG rexeitou hoxe na rúa a nova Lei de Seguridade Cidadá do PP, coñecida popularmente como Lei Mordaza polo que supón de ataque contra as liberdades públicas, coincidindo coa súa entrada en vigor ao entender que o Goberno poderá utilizala a partir de agora de xeito “discrecional e arbitrario” para reprimir a protesta e a contestación social. Centos de delegados/as sindicais da central participaron nas concentracións convocadas nas Subdelegacións, nas sedes do partido conservador e na Xunta para esixir a súa derrogación.

http://www.galizacig.gal/avantar/novas/1-7-2015/a-cig-rexeita-na-rua-a-lei-mordaza-que-o-goberno-podera-usar-de-xeito-discrecional-e-

Ningún comentario: