30 de xuño de 2015

Delegados/as da CIG mobilízanse na sede viguesa de Abanca contra a presión e o acoso ao persoal

Delegados/as sindicais da CIG e traballadores/as desenvolveron hoxe unha protesta diante da sede central de Abanca en Vigo para rexeitar a presión e o acoso que a dirección exerce sobre o cadro de persoal da entidade financeira. Dende o sindicato denuncian que a empresa está a implantar o traballo por obxectivos e a impoñer un ritmo máis elevado, ao tempo que obriga os traballadores/as a vender produtos que a clientela non demanda.

 http://www.galizacig.gal/avantar/novas/30-6-2015/delegadosas-da-cig-mobilizanse-na-sede-viguesa-de-abanca-contra-a-presion-e-o-acoso-

Ningún comentario: