22 de abr. de 2015

O 85% do persoal de Atento secunda a folga en contra do peche do servizo 11822 e o despedimento de 17 traballadores/as

As traballadoras e os traballadores de Atento A Coruña secundaron este luns unha xornada de folga de 24 horas en rexeitamento ao peche do servizo 11822 e o despedimento das/os 17 compañeiras/os que o viñan atendendo. No marco da folga, secundada polo 85%% do persoal, tamén se realizou unha manifestación que percorreu as rúas do centro da cidade reclamando o mantemento dos postos de traballo na Coruña e unhas condicións laborais dignas.

Ningún comentario: