23 de abr. de 2015

A CIG e a Mesa inician unha campaña para reivindicar o dereito a sermos atendidos/as en galego nos centros de chamadas

A federación de Banca da CIG e A Mesa pola Normalización Lingüística anunciaron hoxe a posta en marcha dunha campaña nacional para reivindicar o dereito a sermos atendidos/as en galego nos centros de chamadas das empresas que operan no noso país. As organizacións sosteñen que esta medida permitiría a creación de máis de 2000 empregos en Galiza e remataría coa discriminación do idioma nesta materia, polo que chaman ao conxunto da cidadanía a sumarse á iniciativa.

O secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, compareceu esta mañá en rolda de prensa xunto á responsábel dos Centros de Chamadas da central nacionalista, Laura Pérez Figueroa, e ao presidente da A Mesa pola Normalización Linguística, Marcos Maceira, para presentar os principais aspectos dunha campaña coa que se pretende concienciar á sociedade galega da necesidade de esixirmos o dereito a sermos atendidos/as na lingua propia do país, non só para rematar coa discriminación existente nesta materia senón tamén porque permitiría a creación de máis de 2000 empregos.

http://www.galizacig.gal/avantar/novas/23-4-2015/a-cig-e-a-mesa-inician-unha-campana-para-reivindicar-o-dereito-a-sermos-atendidosas-

Ningún comentario: