17/04/2015

A CIG convoca mobilizacións contra o TTIP para o vindeiro sábado 18 de abril en cidades e vilas de Galiza

A CIG, membro da Plataforma Europea Alter Summit, súmase á xornada de mobilizacións xerais e simultáneas que se desenvolverán en Europa e América do norte o vindeiro sábado día 18 e de abril e convoca concentracións e actos en todas as comarcas contra os diferentes tratados que están a negociar a UE e América do Norte, entre eles o TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) e o CETA (Acordo Económico de Comercio Global).

Horas e lugares previstos das mobilizacións:

- Vigo : Manifestación ás  20 horas, saída desde A Farola de Urzaiz.

- A Coruña : 12:00 horas diante da Subdelegación do Goberno.

- Ferrol: 12:00 horas horas na Praza do Himno. 

- Compostela : 11.30  horas na Praza de Galiza.

- Lugo: 12:00 horas na Praza Maior.

- Ourense: 11.30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

- Pontevedra : 20:00 horas na Praza da Peregrina.

- Vilagarcía : 12:00 horas na Praza de Galiza

http://www.galizacig.gal/avantar/novas/13-4-2015/a-cig-convoca-mobilizacions-contra-o-ttip-para-o-vindeiro-sabado-18-de-abril-en-cida


Ningún comentario: