17 de abr. de 2015

A práctica totalidade dos traballadores/as das contratas de Telefónica secunda a folga indefinida contra a precarización laboral

A práctica totalidade dos traballadores/as das contratas de Telefónica-Movistar en Galiza secundou a folga indefinida convocada a partir de hoxe pola CIG para rexeitar a crecente precarización e reclamar o cumprimento dos convenios, a limitación da subcontratación en cadea e o recoñecemento do dereito á subrogación do persoal. No primeiro día de paro centos de empregados/as mobilizáronse en distintos puntos do país para facer visíbel un conflito que ten continuidade no conxunto do Estado e que os medios de comunicación están a silenciar.

http://www.galizacig.gal/avantar/novas/14-4-2015/a-practica-totalidade-dos-traballadoresas-das-contratas-de-telefonica-secunda-a-folg

Ningún comentario: