8 de maio de 2013

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra os plans de Unísono de deslocalizar 97 empregos a Madrid

Arredor de 700 persoas participaron hoxe na manifestación convocada pola CIG para rexeitar os plans de Unísono de deslocalizar 97 empregos de Vigo a Madrid, mobilización coa que se puxo fin á campada iniciada diante da empresa a noite anterior. Ao mesmo tempo, dende a central nacionalista cifran nun 70% o seguimento da xornada de folga convocada na compañía de telemárketing.

(Máis info en www.galizacig.com)

Ningún comentario: