10/04/2013

Prestación económica para fillos/as menores de 3 anos

Xa está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, correspondente a 360 euros por cada crianza.

Poderán beneficiarse desta prestación aquelas aquelas persoas que teñan fillas/os menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidas/os entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

O prazo de solicitude é até o vindeiro 11 de maio.

Ningún comentario: