O
pasado xaneiro o persoal de HD recibiu un correo, por orde do BAM do
servizo, no que se explicaba cal era o procedemento para realizar a
solicitude de vacacións para o ano 2013. Neste comunicación
destacábanse dous puntos que son unha vulneración absoluta da
lexislación vixente, citamos textualmente:
“El
plazo máximo para solicitar vacaciones del 2013 es el 31.03.2013 y
se deberán solicitar los 8 periodos (4 semanas e os 4 días soltos).
En caso de no hacerlo así la empresa tiene derecho a asignar 15
días, por lo que este año se hará con todos los que no las
soliciten en plazo y se repartirá según la disponibilidad.
“7
días consecutivos de lunes a domingo”
Desta
situación demos parte ao departamento de RRHH, que se mostraron moi
sorprendidos dado o descoñecemento absoluto desta situación e nos
comunicaron que se trasladarían ao responsable que se procedese á
súa corrección.
O
pasado mércores procedeuse por parte do responsable a facer dita
rectificación pero creemos que non chegou a todo o persoal, igual é
que pegar un correo ao carón da porta do seu despacho non chame
moito a atención, semella que ese día non funcionaba correctamente
o servidor de correo.
Por
todo isto e para que os vosos dereitos non sexan vulnerados con
actitudes caciquís vos informamos dos erros que contén dita
comunicación:
- Nin no Estatuto nin no Convenio faise referencia a un prazo máximo de entrega de vacacións, só se indica que o traballador/a ten que coñecer as súas datas de desfrute 2 meses antes da data solicitada.
- Tal e como establece o Estatuto os períodos de vacacións son un acordo entre o traballador/a e a empresa, en ningún caso pode ser unha decisión imposta e unilateral da empresa e sen acreditar motivos para elo. Tampouco se poden basear en lendas urbanas de que 15 días os elixen os traballadores/as e 15 días a empresa xa que esta situación tampouco esta lexislada nin no Estatuto nin no Convenio de Contact Center.
- Os períodos de vacacións son de 7 días consecutivos pero non hai ningunha obriga de que sexan de Luns a Domingo; o traballador/a pode solicítalos como queira sempre e cando sexan 7 días naturais seguidos; de martes a luns, seguindo o propio exemplo do BAM de HD, de mércores a martes, de xoves a mércores, etc...
Ademais
informarvos que concretamos con RRHH que calquera
traballador/a que solicitase as vacacións seguindo estas instrucións
incorrectas pode volver a pedilas
indicando que a primeira solicitude se fixo en base a unha
comunicación incorrecta por parte do servizo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario