16 de out. de 2012

Combatemos a precariedade, para que todos e todas teñamos dereitos


Ter un contrato temporal, nomeadamente de ETT, implica ter menos dereitos. Cando nas eleccións do ano 2008 a CIG obtivo a maioría do Comité, a situación era insostible, só 1 de cada 10 tiña un contrato estable. Comezamos unha dura loita, aínda no mes de setembro unha ETT, Ader, denunciou a 4 delegados/as da CIG en Bosch e pedía nada menos que tres anos de cárcere.
Fomos teimudos, e conseguimos que Bosch negociase por primeira vez os pases a indefinidos/as e os pases de ETT a empresa.

Agosto 2008:
Partiamos dunha precariedade por riba do propio sector. Había 613 traballadores/as de ETT, fronte a 627 persoas contratadas directamente por Bosch; e destas, só 152 eran indefinidas. Un 49% do persoal era de ETT. As persoas con contrato indefinido eran un 12% do total da empresa.

Agosto 2012:
Grazas ao noso traballo, hoxe hai só 219 persoas contratadas por ETT e 1.160 contratadas directamente pola empresa, das que 504 son indefinidas. Un 43% do persoal de Bosch ten contrato indefinido, por riba do límite do 30% establecido no Convenio. Coa CIG as ETT reducíronse un 279%.





Hoxe, grazas ao noso traballo 1.160 compañeiros e compañeiras teñen máis dereitos. Entre eles, o dereito a votar nas eleccións sindicais do vindeiro 31 de outubro. Exerce o teu dereito.

Ningún comentario: