22 de out. de 2012

A CIG, o sindicato que deu a cara na defensa do emprego


Non hai nada peor que perder o teu emprego inxustamente, de aí a importancia de contar cun sindicato que dea a cara na defensa de todos e cada un dos postos de traballo.
A CIG sempre loitou pola permanencia de Bosch en Vigo e polo mantemento do nivel de emprego e, para iso, negocia-mos pero tamén nos mobilizamos cando foi preciso.
Vigo segue sendo a base principal de Bosch, ao que contribuímos dende a nosa maioría no Comité de Empresa. Á CIG non lle resulta indiferente que o traballo estea aquí ou en Madrid, Barcelona ou Bos Aires.



Os paros, folgas, asembleas e concentracións promovidas pola CIG durante os últimos catro anos tiveron o seu froito: hoxe somos máis traballando.
Pero ademais, sempre apoiamos e asesoramos a aquelas traballadoras e traballadores a quen despediron inxus-tamente, para que demandasen a nulidade ou a improcedencia. Nalgúns casos conseguimos a readmisión, e noutros chegamos a acordos de improcedencia (indemnizando ao persoal); con todo, houbo máis de 70 demandas xudiciais.


Tamén participamos activamente nos cambios de campaña para outras empresas, abrindo negociacións para garantir os postos de traballo.
A crise non afectou a Bosch Vigo, pero debemos estar preparados/as. De aí a importancia de contar cun sindicato disposto a dar a cara.

Ningún comentario: