29 de maio de 2012

Un convenio que destrue emprego


A preocupación polo medre do desemprego debería centrar a negociación colectiva con carácter xeral e, nomeadamente, no sector de telemárketing, tendo en conta que é un sector que podería crear emprego. Pero, sen embargo, no Convenio non hai compromisos para recuperar o 30% do emprego deslocalizado cara a terceiros países. Semella que isto só lle preocupa á CIG.
Salarios
Finalmente a patronal, CCOO e UGT impuxeron no Convenio Colectivo Estatal de Contact Center, as condicións pactadas con carácter xeral no Acordo de Negociación Colectiva: a conxelación salarial. Malia que a baixada de salarios levou a unha caída do demanda interna agravando a crise, CCOO-UGT-CEOE insistiron na conxelación dos salarios con carácter xeral, pero tamén no telemárketing. Con estes convenios contribúen a crear máis parados/as.
Pero ademais, con este convenio as traballadores e traballadores do sector vemos inxus-tamente recortados os nosos salarios durante toda a vixencia. Xa acumulamos unha perda de 596 euros en 2 anos, nun marco de suba dos prezos e dos impostos.
Insistimos ademais que, segundo os datos das propias empresas, está medrando a facturación. Non hai causas no sector que xustifiquen o recorte nos salarios.
Temporalidade
Insisten en que como o sector de telemárketing está “en vías de consolidación”, a maior parte do persoal debe ter contrato por Obra. Cantos anos teñen que pasar para que as empresas, CCOO e UGT consideren que o sector está “consolidado” e admitan que o persoal debe ter contrato indefinido? Polo contrario, amplían a duración dos contratos por Obra/Servizo de 3 a 4 anos.
Ademais como a indemnización contemplada no Convenio para o remate dos contratos temporais era inferior á legal, tiveron que adaptala á reforma laboral.
Comisión Paritaria e Observatorio Sectorial
Incluíron que esta comisión terá entre as súas funcións “mediar” cando non haxa acordo nunha empresa nos casos de ERE ou modificación substancial das condicións de traballo. As Direccións de CCOO e UGT pretenden pasar por riba das repre-sentacións legais dos traballadores/as elixidas democraticamente en cada empresa.
Comisión clasificación profesional
Desaparece a citada comisión despois de anos de existencia sen facer absolutamente nada, entendemos que é lóxico. Agora ben, un dos problemas laborais nas empresas son as demandas de categoría, froito dunha indefinición dos postos de traballo que prexudica ao persoal. O convenio non soluciona nada e permite ás empresas que fagamos traballos que non nos pagan.
As empresas facturan e gañan máis, e os traballadores/as gañaremos menos
Este convenio é unha fraude social!!!

Ningún comentario: