A principios de febreiro advertiamos que aplicar no sector o Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva pactado entre a CEOE-UGT-CCOO, elevaría a perda de poder adquisitivo a un 20% en cinco anos. O preacordo do Convenio aplica aquel acordo e a perda de poder adquisitivo está servida.
Traballamos menos que no ano 2009? Non.
Baixaron os prezos dende o ano 2009? Tampouco.
Non hai nada que xustifique recortar os salarios dos traballadores e traballadoras, por moito que as empresas e os delegados/as que sustentan a CCOO e UGT digan que si.
É curioso que no mes de outubro do 2011 a patronal propuxo subas salariais maiores das contempladas no preacordo final de abril 2012. Vaia xeito de negociar. Daquela ACCE daba por perdido o ano 2010 e propuña unha suba do 1,50% para o 2011 e do 1,50% para o 2012. Unha suba miserable, pero superior á finalmente pactada.
Salario 2009 Coa suba IPC Preacordo Perda
bienio
Teleoperador/a 12.956 13.656 13.086 -570 euros
T. especialista 13.550 14.282 13.686 -596 euros
CCOO e UGT aceptaron subir os salarios menos do que propuña a patronal en outubro de 2010, cabe preguntarse a cambio de qué. E malia que o IPC non é un indicador válido (o xeito de calculalo foi cambiado en varias ocasións polos gobernos e os prezos soben sempre moi por riba), é posible facer un cálculo do que perdemos co preacordo no bienio 2010-2011.

Non poden xustificar o recorte dicindo que non se cambiou o artigo 17 para poder despedir ao persoal indefinido como pretendían as empresas, pero iso foi conseguido pola patronal a través da reforma laboral do PP. Reforma laboral que permite ademais abaratar salarios a nivel das empresas, sen que o preacordo do convenio estableza cláusulas que contrarresten esa posibilidade.
En definitiva, estamos ante un recorte salarial inxustificado e malia que foi negociado polas cúpulas das organizacións sindicais centralistas, os seus delegados e delegadas son responsables se non se desmarcan claramente da decisións das Direccións dos seus sindicatos, evitando que se asine o acordo definitivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario