30 de abr. de 2012

Preacordo Convenio: Recorte salarial e máis Temporalidade

O día 16 de abril explicaron na mesa as bases dun Preacordo que recorta salarios (a suba é só do 0,5% para os anos 2010-11-12; do 0,6% para o 2013 e do 0,7% para o 2014), e amplía a temporalidade (a duración do contrato por Obra amplíase ata os 4 anos), e que xustificaron en base á “crise do sector”.

Marco do Convenio: Segundo os datos publicados pola propia patronal (estudo ACCE 2011), a crise non lle está afectando: a facturación medrou no ano 2011 e medrou tamén o volume de emprego. Tanto o medre da facturación coma o do emprego foi maior na deslocalización.

  • A facturación das empresas medrou tanto no Estado como fóra, malia que a facturación na deslocalización medra máis que no Estado. 
  • O emprego das empresas de telemárketing medrou un 9,3% no ano 2011 ata os 23.411 empregos... nas plataformas deslocalizadas.
  • O 73% da carga de traballo das plataformas deslocalizadas responde a campañas orientadas á clientela do Estado español. Atención ao cliente e venda son as campañas con maior volume fóra do Estado. 
  • Telecomunicacións co 77% e Banca co 14% son os sectores máis importantes na deslocalización. Nun contexto de emerxencia polo desemprego, calquera acordo debería contemplar o retorno dos postos de traballo deslocalizados, uns e outros son defensores dun falso e rancio españolismo, son patriotas de papel. 

5 anos de recorte salarial: Malia que as propias empresas recoñecen que non sofren a crise, co preacordo os salarios medrarán por baixo do IPC durante toda a vixencia do mesmo:

Ano           IPC real    Suba Convenio   Perda Salarios 
2010        3%                    0,5%                2,5% 
2011      2,4%                   0,5                   1,9% 
2012      2%*                  0,5%                  1,5% 

*Ano 2012 IPC estimado; en marzo pechou no 1,9%. Ademais, este ano o goberno do PP acaba de aprobar unha suba da luz do 7% e do gas do 5%.

Subiron tamén os impostos que pagamos os traballadores/as, en tanto o goberno aprobou unha amnistía fiscal para os defraudadores (sobre todo empresas). A perda de poder adquisitivo será maior.

Temporalidade: Polo RD 10/2010 e a posterior Lei 35/2010 a duración máxima dos contratos por Obra ou Servizo é de 3 anos. Dada a limitación legal da duración desta modalidade (a imperante no sector) o número de indefinidos superará o 40% na maior parte das plataformas. No Preacordo amplían a duración máxima dos contratos por Obra ata os 4 anos, permitindo unha maior temporalidade. Non é un avance, é un retroceso.

Ningún comentario: