27 de mar. de 2012

Nova xornada de mobilizacións contra as reducións de xornada para 160 traballadores/as de Atento

Os traballadores e traballadoras de Atento continuaron este luns coas mobilizacións en contra das reducións de xornada para o persoal do servizo CAT- ADSL, que actualmente xa ten contratos a tempo parcial. Os traballadores/as secundaron dúas concentracións, por quenda de traballo, entre ás 11 e ás 12 da mañá e pola tarde das 19 ás 20 horas.


A empresa alega causas produtivas e organizativas para aplicar estas modificacións a uns 160 traballadores/as da plataforma que Atento ten na Coruña, xa que segundo informou a dirección, nos últimos meses produciuse unha diminución do número de chamadas entrantes no Servizo CAT-ADSL.


Aproveitando as facilidades introducidas na reforma laboral aprobada polo PP, Atento pretende acometer unha modificación substancial das condicións de traballo, reducindo a xornada de 160 empregados/as que nestes momentos xa teñen unha xornada parcial.

Ningún comentario: