8 de mar. de 2012

Manifestacións e FOLGA XERAL

A CIG aprobou a convocatoria dunha Folga Xeral para o día 29 de marzo. Ao mesmo tempo decidimos falar con outras organizacións sindicais, sociais, políticas e da mocidade para procurar apoios a esa convocatoria.

O 2 de marzo, a CIG, xunto con CGT, CUT e CNT, rexistramos na Consellería de Traballo convocatoria de FOLGA XERAL para o 29 de marzo. O obxectivo da folga, é mostrar o rexeitamento á aprobación por parte do Goberno español do Real Decreto Lei 3/2012, de 10 de febreiro, de Medidas urxentes para a Reforma do mercado laboral.

O vindeiro 29M haberá FOLGA XERAL en Galiza, Euskadi, Navarra e tamén en Canarias, ante a maior agresión aos traballadores e traballadoras dende o franquismo.

Así mesmo, o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, temos convocadas manifestacións nas cidades galegas preparatorias da FOLGA XERAL. É o momento de saír á rúa a demandar a retirada da Reforma Laboral e da Negociación Colectiva.

Dende a aprobación da Reforma, cada día increméntase o número de empresarios que están utilizando as facilidades para despedir e recortar dereitos, polo que a resposta debemos dala de xeito inmediato.

Manifestacións 10 de marzo contra a Reforma Laboral

Vigo

Ás 20:00 horas dende Vía Norte

A Coruña

Ás 12:00 horas na Praza de Vigo

Pontevedra

Ás 19:00 horas na Praza da Ferrería

Ferrol

Ás 12:00 horas Av de Esteiro

Compostela

Ás 12:30 horas na Praza Roxa

Lugo

Ás 12:00 horas Ronda da Muralla

Ourense

Ás 12:00 horas no Pavillón dos Remedios

Vilagarcía

Ás 20:00 horas na Casa do Mar

Ningún comentario: