6 de mar. de 2012

A CIG celebra a VI edición dos Premios do Día da Clase Obreira Galega e do Día Internacional da Muller Traballadora

Cos premios do Día da Clase Obreira Galega, a CIG, ademais de lembrar esta significativa data, pretende, por medio dun agasallo, recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíra durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro. Do mesmo xeito, co premio do Día Internacional da Muller Traballadora, a CIG, a través da secretaría da Muller, recoñece aquela loita sindical, protagonizada por traballadoras, que salientara tamén durante o ano anterior.

(Máis información en www.galizacig.com)

Ningún comentario: