5 de mar. de 2012

A CIG conmemora o 8 de marzo baixo o lema “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!”

A secretaria confederal de Muller e Mocidade, Margarida Corral, compareceu esta o pasado venres en rolda de prensa para presentar a campaña da CIG arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que desta volta se conmemora baixo o lema “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!”, e informar dos actos que con este motivo convoca ou nos que participa a central sindical. Xunto a ela interveu a responsábel do Gabinete Técnico de Economía, Natividade López, quen presentou as conclusións do traballo “A muller no mercado laboral en Galiza”, realizado a partir da análise dos datos oficiais do ano 2011.

(Mais información en www.galizacig.com)

Ningún comentario: